O XIV Premio José Couso terá aberto ata o 13 de marzo o prazo de presentación de candidaturas

O XIV Premio José Couso terá aberto ata o 13 de marzo o prazo de presentación de candidaturas
couso-p

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol convocan unha nova edición, a décimo cuarta, do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O galardón, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad en 2003, ten como obxectivo o recoñecemento e difusión do traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.
O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata as 19.00 horas do martes 13 de marzo. Poderán presentar as súas propostas calquera colexiado ou socio das dúas entidades organizadoras así como calquera persoa ou organización vinculada ao xornalismo. As candidaturas serán enviadas ao correo electrónico premiocouso@xornalistas.gal ou a través do Premio Couso.
As propostas serán anunciadas o día 16, abríndose entre o 20 de marzo e o 10 de abril o período de votación das mesmas por parte do xurado, composto polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa.
A entrega do premio está prevista para o 3 de maio, Día da Liberdade de Prensa, en Ferrol. Como en anos anteriores, o Concello de Ferrol cederá o Jofre para celebrar os actos entre os que está previsto unha actuación musical.
O gañador recibirá como galardónun diploma acreditativo e o símbolo distintivo que representa o premio, consistente nunha escultura de Manuel Patinha, que leva o nome “Ás ceibes”. Entre os gañadores do premio inclúense profesionais como Xosé Hermida (na edición do pasado ano), Miguel Ángel Aguilar, ou Jordi Évole.

O XIV Premio José Couso terá aberto ata o 13 de marzo o prazo de presentación de candidaturas

Te puede interesar