Volve o teatro radiofónico coa historia recente como tema

Volve o teatro radiofónico coa historia recente como tema
Teatro Radiofonico en el Ateneo

Miguel Castro e José Torregrosa firman “Crónicas republicanas”, unha peza de teatro radiofónico que onte se escoitou publicamente por primeira vez no Ateneo Ferrolán. Trátase da terceira achega como director de Castro a este xénero (“A guerra dos mundos” e “Factoría Zombie”), centrándose neste caso nas esperanzas da II República e o acontecido despois coa Guerra Civil e o franquismo ata a chegada da democracia e os retos da sociedade na que vivimos.  Pásase por grandes acontecementos históricos pero tamén polo día a día dos inmigrantes, dos traballadores ou dos activistas que son perseguidos polas súas ideas políticas.
Baseándose na estrutura do libro “Crónicas marcianas” de Ray Bradbury, presentan escenas que conforman unha viaxe temporal de máis de 80 anos na que Ferrolterra tamén é protagonista. As loitas obreiras e os sucesos do 10 de marzo de 1972, coa morte de Amador e Daniel, cobran vida nas voces dun amplo elenco no que figuran André “Pequeno Monstro”, Iago Montes, Mirlandy Hernández, Fernando Ocampo, Helga Méndez, Migka Kacius, Luisma Albarración, Ángeles García, Paula Morado, Miguel Castro, José Torregrosa, Pedro Rodríguez, Antía Aneiros, Macoumba, Jose Polo, Aarón Penteo e Raúl del Metal.
Logo desta estrea a peza, que naceu como idea nunha homenaxe a Santiago Carrillo en Asturias, está dispoñible para proxectarse (inclúe tamén ilustracións e fotografías) en asociacións ou centros de ensino que o pidan. n

Volve o teatro radiofónico coa historia recente como tema

Te puede interesar