Contra a violencia de xénero desde as aulas

Contra a violencia de xénero desde as aulas
O IES Sofía Casanova secundou a campaña da ONU “Actúa e pinta o teu día de laranxa”

A conmemoración o venres do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller estivo tamén moi presente nos centros educativos, conscientes da importancia de educar desde as primeiras etapas da vida a prol da igualdade como ferramenta para loitar contra unha lacra social moi presente, por desgraza, na actualidade.
“As profesoras e profesores do noso centro entendemos a educación como un proceso de formación no que debe primar o reforzo positivo; cremos que o mellor xeito de prever conflitos é xerar conciencia. Por iso, levamos xa varios anos actuando para aprender a reflexionar ao noso alumnado en temas, que como este, sen dúbida requerirán nun futuro da súa actuación”.
Así o salientan desde o IES Sofía Casanova, que este ano decidiu sumarse á campaña da ONU “Actúa e pinta o teu día de laranxa” que convidaba a participar dun xeito activo e positivo na consecución do empoderamento e igualdade das mulleres. E así, cun enfoque positivo, tentaron ser as mensaxes que a comunidade educativa plasmou tanto nas camisetas brancas que vestiron como no mural creado na entrada.
No IES de Fene, pola súa banda, alumnos e profesores acodiron vestidos de negro –ademais de desenvolverse unha lectura na biblioteca–, como tamén o fixeron noutros centros como o colexio Lestonnac, que se sumou á campaña “vístete de negro” en rexeitamento da violencia de xénero e de calquera outro tipo, ou o IES Concepción Arenal, que gardou un minuto de silencio como mostra de solidariedade coas víctimas.

vacinas
Cunha “inspección médica contra a violencia” e vacinacións para previr este mal implicouse o CEIP San Xoán de Filgueira nunha xornada que deixou moitos outros actos e propostas nas aulas dos colexios e institutos da comarca de Ferrolterra, como no CEIP Recimil, onde luciron lazos lilas e colgaron camisetas con mensaxes alusivas ao tema ou na Compañía María de Ferrol, onde tivo lugar unha “mannequin challenge” reivindicativa.

Contra a violencia de xénero desde as aulas

Te puede interesar