A vila de Cedeira celebrará o 29 e 30 de abril a primeira edición da Festa da Merluza da Volanta

A vila de Cedeira celebrará o 29 e 30 de abril a primeira edición da Festa da Merluza da Volanta
A cita será o vindeiro mes j.m.

A vila de Cedeira organizará os días 29 e 30 de abril a primeira edición da Festa da Merluza da Volanta. Así se acordou na reunión celebrada o luns entre o Concello, a Confraría de Pescadores e hostaleiros, sector este último que tamén organizará un certame de tapas coincidindo coa cita.

A concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez, salientou a boa acollida que a iniciativa tivo entre os profesionais da hostalería e explicou que o número de locais participantes se coñecerá en cuestión de días, cando se teña resposta das cartas enviadas aos establecementos para para confirmar a súa implicación nunha proposta coa que se espera “promocionar a hostalería local e non limitar a oferta turística aos meses de verán”.
Unha vez coñecidos os resultados desta sondaxe, continuarase avanzando tanto na programación da festa como na organización do concurso.

A concelleira explicou que o Concello xa se comprometeu a financiar tanto a publicación dos carteis como dos dípticos que se editarán para dar a coñecer a localización dos locais participantes no certame de tapas. O goberno cedeirés confía en que o programa sexa do interese do público e que a súa celebración se consolide como xa o está a festa do percebe.

A vila de Cedeira celebrará o 29 e 30 de abril a primeira edición da Festa da Merluza da Volanta

Te puede interesar