Valdoviño acollerá a rodaxe da película hispano dominicana “Sol y Luna”

Valdoviño acollerá a rodaxe da película hispano dominicana “Sol y Luna”
Imaxe da rolda de prensa, onte, da presentación da película ézaro

Onte presentouse a película hispano dominicana “Sol y luna”, unha cinta producida por Ézaro Films que comeza o próximo martes 13 a súa rodaxe en Santiago. Os galegos Nerea Barros (Premio Goya) e Manuel Manquiña, así como a estrela dominicana Frank Perozo, son os protagonistas desta longametraxe que trata un tema social desde o punto de vista da comedia e está dirixida por José E. Pintor. Está baseada nunha idea orixinal de Ángel Peláez e conta con guión de José Antonio Sánchez, José E. Pintor e Ángel de la Cruz. 
Trala rodaxe en Santiago de Compostela, seguirá filmándose o día 27 na capela de Meirás e outras partes da costa de Valdoviño. Despois a rodaxe viaxará a Santo Domingo e Punta Cana, escenarios americanos onde se desenvolverá esta coprodución. 
“Sol y luna” é unha comedia romántica que xira ao redor dun documentalista que pretende encontrar os motivos que teñen os emigrantes para deixalo todo e perseguir os seus soños.

Valdoviño acollerá a rodaxe da película hispano dominicana “Sol y Luna”

Te puede interesar