Ultramar convoca ás comparsas para o Enterro da Sardiña

Ultramar convoca ás comparsas para o Enterro da Sardiña
ultramar carnaval entierro sardina

A AVV de Ultramar convoca ás comparsas que o desexen a participar no Enterro da Sardiña que organizan desde hai máis de dúas décadas e que se levará adiante o venres 20 de febreiro. Aínda que nun primeiro momento o do Ensanche B ía ser o único desfile e actuación previsto para estas agrupacións no Entroido de Ferrol, finalmente tamén haberá ocasión de escoitalas o martes 17 polo centro da cidade.
Ultramar despide tradicionalmente estas festas, coa colaboración do Concello. Os actos comezan na praza ás cinco da tarde cunha festa infantil na que se lles entregan agasallos ós rapaces. O programa deste ano marca as 20.15 horas como o inicio do desfile de comparsas polas rúas do barrio, acompañando á sardiña antes da súa queima. Sánchez Calviño, Paraguay, Nova de Caranza, República Arxentina, Venezuela e a praza de Ultramar serán os lugares polos que pasará a traxicómica comitiva. Unha vez alí cada agrupación cantará un tema do seu repertorio, nun tempo máximo de seis minutos. Despois incinerarase a falla.
As comparsas que desexen participar no Enterro da Sardiña deben inscribirse desde mañá luns e ata o venres 6 na asociación veciñal (pode facerse a través do correo avvultramar@gmail.com) ou no local da entidade, no número 20 da rúa Sartaña.
Haberá desfile, actuación no palco e animación e as comparsas poden inscribirse nas tres modalidades. Por cada unha delas recibirán 175 euros. Fíxase un límite máximo de 16 aínda que pode superarse esa cifra. Nese caso non haberá retribución. Terán preferencia as agrupacións que participaran no Enterro de Ultramar en anos anteriores. Pídese ademais que teñan como mínimo dez integrantes e que compartan a temática dos seus disfraces.

bingo social
A AVV Ultramar organiza ademais un fingo social de Entroido que se celebrará no seu local social o venres 13 de febreiro, ás oito da tarde. Xogaranse tres liñas e tres bingos e os premios consistirán en latas de aceite e lotes de produtos.

parís de noia
O Entroido en Ferrol comezará o venres 13 coa actuación da orquestra París de Noia no barrio de Esteiro. O martes 17 será o desfile de comparsas polo centro e posterior actuación en Amboage, un acto que a piques estivo de non celebrarse pero que si se fará. Ese mesmo día, pola tarde, programaranse obradoiros e un festival infantil para convocar ás familias. O remate da festa será no barrio de Ultramar o venres.

Ultramar convoca ás comparsas para o Enterro da Sardiña

Te puede interesar