A UDC desenvolve un proxecto para recuperar as poboacións de raias e tiburóns na ría de Cedeira

A recuperación das poboacións de raias e tiburóns na ría de Cedeira e na Reserva Mariña Cabo de Palos Islas Hormigas, de Murcia, constitúe o obxectivo final dun proxecto de investigación que o grupo de Recursos Mariños e Pesquerías da Universidade da Coruña desenvolve en colaboración co grupo de Ecología y Conservación Marina, da Universidad de Murcia.
O traballo, centrado no estudo e conservación das poboacións de elasmobranquios, está xestionado pola Fundación Universidade da Coruña (FUAC) e confinanciado pola Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e o Fondo Europeo de Pesca. Conta tamén coa colaboración do Aquarium Finisterrae da Coruña e a Confraría de Pescadores de Cedeira, e máis co apoio da Organización de Produtores de Galicia (Opaga) e a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores.
Os ciclos vitais destes animais fanos especialmente vulnerables ás perturbacións humanas, especialmente á contaminación e a sobrepesca. A través do devandito proxecto trátase de coñecer máis sobre as catro especies costeiras: raia mosaico, pintada, tiburón alitán e tiburón pintarroxa, das cales a primeira é obxecto de preocupación polo estado das súas poboacións e está protexida a nivel europeo.

diversidade
“O traballo pretende caracterizar a diversidade, abundancia, uso do hábitat e zonas de crianza das especies de elasmobranquios presentes na Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira e a Reserva Mariña de Cabo de Palos e islas Hormigas, así como a posta a punto do método de implantación de transmisores de telemetría ultrasónica en raias e tiburóns”, infórmase desde a institución académica.
Os resutados axudarán a adoptar medidas de protección e de xestión pesqueira para recuperar as poboacións e facilitar a xestión sostible dos recursos.

A UDC desenvolve un proxecto para recuperar as poboacións de raias e tiburóns na ría de Cedeira

Te puede interesar