Treixadura repasa 25 anos de carreira nun concerto no teatro Jofre

Treixadura repasa 25 anos de carreira nun concerto no teatro Jofre
Diario de Ferrol-2015-01-30-012-36fae7e0

A agrupación folclórica Treixadura presenta mañá, ás 20.30 horas, no teatro Jofre, o seu disco “Vendima tarda”, un traballo que saíu á rúa hai poucas semanas e no que recollen os 25 anos de traxectoria dunha das formacións máis senlleiras da música tradicional galega. Orfeón e gaiteiros únense nesta ocasión co coro Cantigas e Agarimos para ofrecer un espectáculo único con entradas a 8, 10 e 12 euros, segundo a súa localización.
Treixadura botou a andar en Redondela no ano 1990 e comezan a pulir o seu estilo ata actuar por primeira vez en 1992. Desde entón sacaron varios discos ó mercado, desde “Obrigado” ata “Unha noite no muiño”, en 1999, seguido de “Unha noite non é nada” e, como non, “Unha semaniña enteira” e a máis recente “Esa si que é muiñada”. Títulos que dan boa conta da raíz de canto popular que é unha das señas polas que se recoñece a esta formación.
No disco que presentaron o pasado decembro inclúen un repaso á súa extensa carreira musical pero tamén pezas inéditas que tamén tocarán no seu recital en Ferrol.

Treixadura repasa 25 anos de carreira nun concerto no teatro Jofre

Te puede interesar