O Torrente Ballester amosa o legado das Irmandades da Fala

O Torrente Ballester amosa o legado das Irmandades da Fala
Un momento da inauguración da mostra onte en Feroldaniel alexandre

O 18 de maio de 1916 nacía na Coruña, nunha xuntanza celebrada na entón sede da Real Acaemia Galega, a primeira das Irmandades da Fala. O movemento, concebido polos irmáns Vilar Ponte coa arela de estender o uso do galego a todos os contextos orais e escritos, espallouse rapidamente por Galicia.
Cando se cumplen cen anos do seu nacemento, a Real Academica Galega, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego están a difundir por toda a comunidade o legado dos homes e mulleres que fixeron posible este rexurdimento cultural así como unha nova etapa no galeguismo político.
Fano a través da exposición “Saúde e Terra, irmá(n)s!” que desde onte pode verse no centro cultural Torrente Ballester. Alí foi inaugurada onte pola tarde coa presenza da vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e o primeiro tenente de alcalde do Concello de Ferrol, Álvaro Montes, nun acto que contou coa actuación musical do coro Toxos e Froles.

mostra
O percorrido expositivo relata a historia das Irmandades a través de dez temas que profundizan na súa creación a través de publicacións, documentos, obxectos e imaxes, así como gravacións musicais, discursos e artigos de persoeiros da época.
Cada un deles permitirá ao público achegarse á orixe do movemento e á súa evolución, desde a acción centrada en primeiro lugar na normalización do idioma ata a intervención política e os seus principais protagonistas.
“Saúde e Terra, irmá(n)s!” dá ademais visibilidade á participación das mulleres nas Irmandades, que apostaron desde o primeiro momento pola igualdade absoluta, política e civil da muller e do home.

O Torrente Ballester amosa o legado das Irmandades da Fala

Te puede interesar