O teatro afeccionado tomou as rúas de Ferrol

O teatro afeccionado tomou as rúas de Ferrol
Teatro en la Calle

Os ferroláns que paseaban polo centro da cidade topábanse onte cunha misteriosa “troupe” con música de charanga e disfraces. Se os seguían, podían gozar en distintas prazas e lugares emblemáticos de pequenas pezas teatrais. Tratábase dos participantes no II Festival Galego de Teatro Amador EstéNarúa.
A Escola Municipal de Teatro de Vigo, Folerpas, Moreashow, Teatro Estepario, Arte Pingüe, Metátese, o mago Benajmín, Quemaisten, Artias, A Fiestra, Pan e Rosas e a compañía El Ruiseñor tomaron parte nun pasarrúas que percorreu A Magdalena, Ferrol Vello e Esteiro e no que ofreceron en pequenas doses o mellor do seu repertorio. Como remate, no auditorio da Fundación Novacaixagalicia, o grupo de teatro Cachivache, de Palencia, representou “Un corazón lleno de lluvia”.
As actividades deste festival de teatro na rúa continúan hoxe coa presentación, ás 11.30 horas, no Almirante, da Federación de Teatro Amador Galego, Amatega. Ademais, ata finais de mes está exposta no hotel unha mostra cos 10 anos da asociación Ti e Máis Eu Teatro, organizadora de EsténaRúa, e outra de espantallos.

O teatro afeccionado tomou as rúas de Ferrol

Te puede interesar