“Son do bar”, o primero traballo discográfico de Manolo Bacalhau

O cantor ferrolano Manolo Bacalhau pasa da rúa ó teatro –excepcionalmente– para presentar o seu primeiro traballo discográfico, “Son do bar”, un acto que terá lugar o próximo día 13 ás 20.30 horas no Jofre

“Son do bar”, o primero traballo discográfico de Manolo Bacalhau
A ilustración da portada do CD-DVD é obra do artista ferrolán Leandro Lamas | l.p.
A ilustración da portada do CD-DVD é obra do artista ferrolán Leandro Lamas | l.p.

O cantor ferrolano Manolo Bacalhau pasa da rúa ó teatro –excepcionalmente– para presentar o seu primeiro traballo discográfico, “Son do bar”, un acto que terá lugar o próximo día 13 ás 20.30 horas no Jofre. Trátase dun CD-DVD pensado dende hai tempo e que pouco e pouco e a partir das colaboracións de diferentes artistas e amigos e melómanos da música popular puido sair finalmente á rúa. “O de grabar un disco xa levaba tempo maquinando na cabeza pero sempre ía pasando o tempo... Pero sí quería deixar un pequeno rexistro sonoro da miña actividade como cantor non de música tabernaria senón da xente que canta nos bares, que é a cultura realmente”, explicou onte o autor nunha rolda de prensa no Concello.
O traballo foi feito gracias á financiación da xente a través do método de micromecenazgo ou crowfunding, onde conseguiron 3.515 euros. “Hoxe en día é moi dificil sacar discos pero grazas á xente que puxo cartos puido saír adiante este proceso”, indicou un representante do colectivo xurdido a raíz da creación do proxecto; “todo comezou nuncha sesión vermú na Fundaçom Artábria onde pensamos que todo aquelo tiña que rexistarse, porque era unha maneira de honrar a toda aquela xente que fixo e fai cultura e ao propio Manolo polo seu desinterés sempre para aportar arte a todo o mundo”.

Á cita do próximo día 13 subirán moitos amigos ao escenario, moitos dos que fixeron posible este traballo. Cabe García, Fausto Escrigas, Leandro Lamas –quen ilustra ademáis a portada do disco e Juanpa Ameneiros fai as fotos– ou Roberto Grandal. Mención especial merece a peza inédita gravada por Antón Varela, “A Foliada do Cadaval”, que tristemente falecía meses depois. Ademáis, Antón Cortizas fai unha promoción improvidasa no DVD que para Manolo “é a mellor canción do disco”.
“No traballo apréciase a calidade descoñecida en moitas ocasións. Porque Manolo se presta a canta convocatoria social e festa cidadá hai, botábamos de menos que iso quedara rexistrado e que actuara nun espazo emblemático como é o Jofre”, asegurou onte o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea na presentación.
“Pola conservación e divulgación da música popular e tradicional da comarca de Trasancos. Cantares principalmente interpretados en bares e en todos aqueles lugares onde cantar, espontánea e libremente, só ou en grupo, era e aínda é posíbel; son interpretados por el neste traballo”. Así definen os promotores este traballo que fai un rexistro “case antropolóxico” de distintos bares da cidade como o recentemento pechado Cazadores ou Sevilla.
“Isto é de verdade. Vexo dúbidas, improvisación... Vai ir ben a cousa porque é máxico o que atopamos nos bares, é unha boa parte da cultura da nosa cidade. E este é un recoñecemento máis que merecido a un artista singular”, asegurou Basterrechea. As invitacións gratuitas para o espectáculo pódense recoller xa na taquilla do Jofre cun máximo de dúas por persoa.