O Serán do Sor celebra hoxe o labor dos bailadores tradicionais no Barqueiro

O Serán do Sor celebra hoxe o labor dos bailadores tradicionais no Barqueiro
Diario de Ferrol-2015-04-02-012-75f710ca

No campo semántico das celebracións populares galegas por “serán” enténdese ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban –de aí o nome– polo “serán”, á tardiña. No Barqueiro, no concello de Mañón, acollen hoxe unha das súas citas referentes do ano, o Serán do Sor, que a agrupación homónima, pertencente á asociación cultural Abarca, organiza na localidade desde hai un lustro e que nesta quinta edición está adicada aos bailadores e bailadoras.
A diferencia deste ano con edicións anteriores é que, debido as obras que se están a facer no porto do Barqueiro, o evento trasládase ata a praza do Mesón, na parte alta do pobo, frente a casa do Concello e como sempre baixo unha gran carpa.
O Serán do Sor comeza moito antes da tardiña. Así, a partir das 13.00 horas ábrese a sesión vermú a cargo da charanga tradicional da asociación cultural Son d’aquí (A Coruña) que precisamente se estrea hoxe mesmo ante o público. Tamén estará o grupo ferrolán de música tradicional Böj.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas, comezará a celebrarse unha clase de baile tradicional a cargo do mestre Xabier Espasandín. A participación é libre e todo o mundo que queira pode tomar as súas primeiras leccións nesta disciplina. O serán, propiamente, arrinca con forza a partir das 20.00 horas. A organización informa de que este ano todo aquel que así o queira poderá cear na propia carpa, xa que está disposta unha comida “variada a prezos populares”, e unha cantina que como cómpre axuda a financiar este evento.

participantes
Este ano os grupos do cartel serán: Gamelas e Anduriñas (Espasante), Os Enxebres (Ortigueira), Andarivel (Ladrido), San Xiao do Trebo (Cariño), No Cómbaro (As Pontes); e da parte da Mariña lucense estarán Cacharela (Covas) e Medio Quinhón (Burela), continuando os xa citados Son d’aquí ( A Coruña).
A asociación O Son do Sor, como anfitriona, tamén porá o seu toque musical. A organización asegura que a pesar dos grupos citados convídase a todos aqueles que se queiran achegar co seus instrumentos para tocar, poden facelo, xa que rematadas as actuacións anteriormente citadas, comeza a foliada libre para todos aqueles que queiran vir. Iso si, da hora non responden.

O Serán do Sor celebra hoxe o labor dos bailadores tradicionais no Barqueiro

Te puede interesar