A Semana Santa de 2015 xa ten fotografía para o seu cartel

A Semana Santa de 2015 xa ten fotografía para o seu cartel
Premios Pasion Cofrade en el Casino

Ata o sábado 27 poderá verse no Casino Ferrolano a exposición coas 17 fotografías que se presentaron ó concurso para elixir a imaxe da Semana Santa de 2015. Onte mesmo celebrábase o acto de entrega de premios, que coincidía coa apertura desta mostra.
O gañador foi Andrés Fernández Blanco, coa imaxe “Xesús Resucitado”. O seu traballo protagonizará o cartel e as publicacións da xunta xeral de confrarías e irmandandes. Ademais recibiu un trofeo e un premio en metálico de 500 euros. O xurado recoñeceu tamén na categoría de fotografía artística a “Caballero portador del Santo Entierro”, de Esperanza Vázquez Dopico. Neste caso a recompensa monetaria é de 200 euros.
O xurado estivo formado por César Carreño, José Evia, Ignacio López, Jesús Sueiras, Antonio Loureiro, María del Carmen García Fraga, Roberto María e Elisardo de la Cruz.

A Semana Santa de 2015 xa ten fotografía para o seu cartel

Te puede interesar