A Semana de Poesía Salvaxe despide a súa edición máis intensa e renovada

A Semana de Poesía Salvaxe despide a súa edición máis intensa e renovada
Semana de Poesía Salvaxe en Cazadores

“Cualquier ciudad estaría orgullosa de una iniciativa así. Es la primera vez que vengo y me parece doblemente alucinante, por un lado por el nivel emocional ofrecido por los poetas en los recitales, y por otro, porque el concello de esta ciudad no colabore con un proxecto como este”. Así falaba onte Pamen Pereira, a artista plástica máis prestixiosa de Ferrol (habitual expositora de ARCO) e autora do cartel deste ano da VIII Semana da Poesía Salvaxe que onte se clausurou no pub Cazadores.
Unha cita literaria que volveu escenificar a inmensa distancia existente hoxe entre o Ferrol oficial e o Ferrol creativo. Un evento que fixo das rúas, tabernas, mercados e prazas da cidade un espazo de encontro entre as persoas a través da palabra. Segundo o poeta Claudio Rodríguez Fer, “un Ferrol do que non sempre se fala pero cheo de calidez, humanidade e intensidade emocional. Houbo moita verdade aquí”, manifestou.

xornada do día do libro
A pesar de non contar con ningún tipo de axudas institucionais, ou quizais por iso, os organizadores non se renderon á precariedade e acadaron a solidariedade de poetas chegados de toda Galicia e España. “Xente que veu de Andalucía, León ou incluso Alemaña e á que apenas se lle puido pagar un par de noites de hotel, pero que quixo estar aquí polo ambiente que se crea na cidade, que este ano, por rabia, foi mellor que nunca. Ademais, moita xente nos parou pola rúa para preguntarnos se se facía este ano e para colaborar. Xente normal, incluso humilde pero que ven o que isto lle aporta á cidade”. Así o destacaba onte Juan Carlos Valle Karlotti, impulsor con Guillermo Ferrández da iniciativa. Este, pola súa parte destacaba “os cheos en todos os recitais, que nunca baixaron do medio cento de espectadores, e a presenza tanto nas lecturas como entre o público de moita xente nova, adolescentes fascinados pola verdade da palabra”.
Poetas como Jorge Carbalho, Paco Doblas, Víctor M. Díez, Ramiro Vidal, Felipe Zapico, Itha K, Concha Lucas ou Analía Ibars, entre outros, participaron nestas catro xornadas, así como artistas plásticos, músicos e fotógrafos desde Cristina Fernández a Roger de Flor, Peter Jensen, o marqués das Vinhas ou Eli Zeta. Entre eles, o veterano escritor Luis Maquieira, quen insistía onte, na despedida: “A Poesía Salvaxe descubriume un Ferrol que descoñecía, e que me gusta” .
Un achédego no que, a falta de implicación oficial, colaboraron locais como o Ateneo, o pub Cazadores, o Cafelito de Gloria, a taberna O Xustiño, o pub Manchita Cosa ou a sala Súper 8. Semella que en 2016 agarda a IX edición.

A Semana de Poesía Salvaxe despide a súa edición máis intensa e renovada

Te puede interesar