A segunda mostra “Videoclips a esgalla” achegará o traballo de grupos e solistas da zona

A segunda mostra “Videoclips a esgalla” achegará o traballo de grupos e solistas da zona
Torrente Ballester presentación de Videoclips a Esgalla

Ferrol acollerá o vindeiro mes de xuño, entre o 15 e o 30, a segunda edición da Mostra de Videoclips Concello de Ferrol “Videoclips a Esgalla”. Trátase dunhas xornadas adicadas aos traballos de formacións e solistas da comarca de Ferrolterra.


Desde a organización fan un chamamento a todos os artistas e bandas para participar nunha iniciativa cuxo obxectivo pasa por “dar a coñecer aos nosos talentos e ao mesmo tempo ser escaparate e punto de encontro dos diferentes creadores”, salientan. Aínda que a intención da organización é darlle maior protagonismo aos traballos máis recentes de músicos e realizadores, acéptanse pezas “de tódalas décadas e estilos, con duracións de entre 1 e 9 minutos.
Cada participante poderá presentar o número de obras que desexe e só serán acpetados videoclips de grupos ou solistas afincados na comarca de Ferrolterra (Ferrol, Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, Moeche, Somozas, San Sadurniño e Cedeira) –quedan excluídas gravacións de actuacións en directo ou realización de espectáculos en vivo–.


Todos os interesados poderán achegar os seus traballos ata o vindeiro luns día 29 (inclúido) no Rexistro Xeral do Concello a ficha técnica oficial cuberta –que se pode conseguir na web www.ferrol.gal– e o dvd coa peza.


A segunda edición dará continuidade así a unha iniciativa que o pasado ano, na súa estrea, obtivo un excelente resultado tanto de participación como no seu desenvolvemento.

A segunda mostra “Videoclips a esgalla” achegará o traballo de grupos e solistas da zona

Te puede interesar