Sedes revive o mundo castrexo no Oenach Atlántico que culmina hoxe

Sedes revive o mundo castrexo no Oenach Atlántico que culmina hoxe
mercado e actividades no Oenach de Sedes

Despois de dúas xornadas intensas, hoxe celébrase o último día de actividades do Oenach Atlántico de Sedes que está a converter unha vez máis a zona da feira do Trece e do castro de Eiravedra nun espazo de recuperación histórica da época castrexa. Na parroquia naronesa retomarase hoxe o programa desde as 11.00 horas coa recreación museística viva da aldea castrexa e á mesma hora comezarán as exhibicións caninas coa proba de Agility a cargo da Asociación Lobos de Narahío, así como unha exhibición de raza a cargo do Club de Raza Can de Palleiro. 
A actividade teatral regresa ás 13.00 horas á campa castrexa coa compañía de teatro comunitario de Sedes que representa a obra “Agripa”. Posteriormente será o agardado momento da gastronomía céltica –nesta ocasión con porco celta e xurelo lañado como menú do Oenach Gastronómico– que se servirá a partir das 14.00 horas.

carreira popular
Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá exhibicións de xogos populares e unha mostra de deporte rural vasco, mentres que ás 19.00 horas celébrase unha carreira popular ao Castro de Eiravedra, aberta a todas as  idades e na que se poderán inscribir os interesados media hora antes de iniciarse. Finalmente, ás 20.30 horas procederase á entrega de trofeos e posteriormente á clausura do XVII Oenach Atlántico da parroquia de Sedes. 
Para facilitar o aparcamento, desde o Concello habilitáronse zonas de estacionamento na parte traseira da nave do Trece e nas inmediacións do castro.

Sedes revive o mundo castrexo no Oenach Atlántico que culmina hoxe

Te puede interesar