Secundino Rivera regresa á memoria dos seus paisanos de Mañón cunha homenaxe popular

Secundino Rivera regresa á memoria dos seus paisanos de Mañón cunha homenaxe popular
21 octubre 2012 A Coruña.- La galería Arte Imagen inauguró ayer su nueva exposición, El color de la luz, de la que es autor Secundino Rivera

Non hai morte sen esquecemento, deben pensar con tino no Barqueiro e así a localidade de Mañón quere lembrar a quen foi o seu artista máis ilustre falecido agora hai dous anos. Secundino Rivera (1932-2013) recibe unha homenaxe dos seus paisanos o próximo sábado 29, ás 20.00 horas na praza do Mesón do Barqueiro. Alí o concello mañonés convoca aos veciños e amantes da arte “para participar na homenaxe a Secundino Rivera, o mairande artista nacido no Barqueiro que levou o nome da súa terra polo mundo adiante”. Unha rúa levará o seu nome e, posteriormente, inaugurarase unha mostra antolóxica da súa obra. Hai que dicir que será a segunda rúa co seu nome, a primeira está na localidade madrileña de Olmeda de las Fuentes, moi vinculada a súa traxectoria vital.  

biografía
Fillo dun albanel fusilado en Ferrol tras o alzamento franquista, este feito marcou a súa vida e crenzas. A súa nai e a súa tía coidaron del e na súa infancia descobre a súa fascinación polo debuxo e a pintura. En 1955 emigra a Venezuela e en Caracas comeza gañándose a vida en restaurantes, recupera a súa afección infantil con traballos de pintura e deseño de carteis. En 1960 ingresa na Escola El Bosque, fundada e dirixida polos pintores españois Francisco San José e Pilar Aranda. Alí realiza a súa formación tardía pero comeza a expoñer habitualmente. A mediados dos anos 60 regresa a Europa iniciando unha itinerancia artística e xeográfica cos seus vértices en Venezuela, Madrid e O Barqueiro, marcha a París e no Louvre copia a grandes creadores do Renacemento e Barroco. 
Tecnicamente realiza óleos, acuarelas, gravados en temáticas nas que destaca a paisaxe e a luz venezolana, con abundantes mariñas e retratos. Da pintura ábrese con éxito á escultura e así, a comezos dos anos 90 pon en marcha un taller de fundición en bronce, en Val Fresco, considerado o máis importante do país. A súa vinculación con O Barqueio foi constante e nos seus últimos anos rehabilitou un vello muíño de vento en O Barqueiro, do que fixo a súa residencia ocasional e estudo.

obradoiro infantil
O Concello de Mañón  organiza mañá, de 12.00 a 13.00 horas,  un obradoiro lúdico para nenos de 3 a 12 anos en recordo de Rivera no seu segundo cabodano. Será no pavillón de Esteiro (O Barqueiro) e as inscricións, que se poden realizar nas oficinas do concello, son de balde.

Secundino Rivera regresa á memoria dos seus paisanos de Mañón cunha homenaxe popular

Te puede interesar