Sara Pinaque, Noreia Hermida e Sara López, Premios de Piano da SAF

Sara Pinaque, Noreia Hermida e Sara López, Premios de Piano da SAF
Final concurso de Piano de la SAF en Afundación

Tres rapazas lograron os primeiros premios nas tres categorías do VI Concurso de Piano da Sociedad Artística Ferrolana que onte rematou a súa segunda e última xornada no auditorio de Afundación. Así, a santiaguesa Sara Pinaque García, de 14 anos, logrou a categoría “Autonómica” e os 900 premios do galardón. O segundo posto, e 400 euros, foi para Cristina Bernal Gómez, de Culleredo; e Iván Ruibal Seoane de Vilaboa (Pontevedra) foi terceiro e acadou 200 euros.
Na segunda categoría, a gañadora foi Noreia Hermida Pérez (12 anos), de San Sadurniño; a quen seguiron “ex aequo” as ferrolás Ana María de García de Paredes Dupuy e David Seoane Castilla, mentres Martín Otero Ferreira, tamén de Ferrol, foi terceiro. Finalmente, a terceira categoría foi para Sara López Expósito (11 anos) de Ferrol, seguida da cedeiresa Beatriz Leonardo Labraña e da ferrolá María del Carmen de García de Paredes Dupuy. Houbo unha mención de honra para Claudia Zhu Díaz Casas de Narón.
O presidente do xurado foi Miguel Brotóns (que estivo acompañado dos profesores Ricardo Blanco, Rosa María García, Jorge Briones e Daniel Zacarés) quen salientou tanto o nivel “altísimo” dos participantes como a asistencia masiva do público que en cada xornada encheu a sala do auditorio de Afundación.
Para Brotóns, as interpretacións dos novos pianistas foron dunha “altura enorme” e cualificou a competición de “excepcional”, con premios por unanimidade ao tempo que agradeceu a xenerosidade do resto do xurado e a estreita implicación de Afundación. Trala entrega dos premios, Sara Pinaque García, gañadora da categoría “Autonómica” interpretou o himno da SAF.

Sara Pinaque, Noreia Hermida e Sara López, Premios de Piano da SAF

Te puede interesar