• Viernes, 20 de Octubre de 2017

A Ruta do Pincho de Neda contará cunha “app” con información sobre a proposta

O Concello de Neda celebrará as dúas vindeiras fins de semana unha nova edición da Ruta do Pincho, unha proposta que este ano chega cunha novidade.

A Ruta do Pincho de Neda contará cunha “app” con información sobre a proposta
O pan de Neda acompañará os pinchos
O pan de Neda acompañará os pinchos

O Concello de Neda celebrará as dúas vindeiras fins de semana unha nova edición da Ruta do Pincho, unha proposta que este ano chega cunha novidade. A iniciativa disporá dunha aplicación para móbiles que permitirá coñecer desde a localización ata os horarios e menús dos oitos establecementos participantes: A Canteira, O Fumazo, Entreríos, O Lagar, Albarón, La Barra de Oro, Chámalle como queiras e Hiper Energy. O recurso, denominado “Quedamosdetapas”, poderá ser descargado a partir do xoves co códido QR que figura no cartaz da cita ou tamén en quedamosdetapas.com.
A través deste sistema, o Concello nedés quere “poñer as novas tecnoloxías ao servizo das persoas que gustan de descubrir pequenas mostras de sabor cheas dunha tradición que chega da man do pan que se fai na localidade”, salientan.
A convocatoria gastronómica terá lugar do 18 ao 20 e do 25 ao 27. Os horarios serán de 20.00 a 23.00 horas os venres; de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 os sábados; e de 12.00 a 15.00 horas os domingos.
O prezo do pincho será dun euro e haberá trofeo aos mellores hostaleiros e premios en metálico de 100 euros entre a clientela. Para optar a estes últimos, o público terá que cubrir as cartillas nas que se terá que votar a proposta máis saborosa, a máis orixinal e a mellor presentada.
A cita constituirá así un excelente aperitivo dunha nova edición da Festa do Pan, que terá lugar o 3 de setembro para poñer en valor o produto estrela do devandito municipio. l