Rosendo, M-Clan e a final de piano, citas para o Auditorio

Rosendo, M-Clan e a final de piano, citas para o Auditorio
12 AGOSTO 2005 PAGINA 13 A CORUÑA.- EL BARRIO DEL CASTRILLON INICIA SUS FIESTAS CON EL ROCK AÑEJO DE ROSENDO EN LA FOTOGRAFIA, ROSENDO DURANTE SU ACTUACION *** Local Caption *** 12 AGOSTO 2005 PAGINA 13 A CORUÑA.- EL BARRIO DEL CASTR

Cultura adiantou a programación dos seus dous principais escenarios, o teatro Jofre e o Auditorio, para os meses de novembro e decembro. O flamante edificio de Caranza abrirase para recibir os concertos rock (antes Sons do Jofre, agora Sons de Ferrol) de M-Clan (o 15 de novembro) e de Rosendo (13 de decembro). Tamén para a final do Concurso Internacional de Piano, que se levará adiante entre o 21 e o 28 de novembro.
A música, en distintos formatos, será a gran protagonista no que queda de ano, con ópera, zarzuela, musicais e concertos. Novembro comeza con “Don Giovanni” mañá domingo. O sábado 8 será a quenda do musical “Dancing Broadway”, mentres que o 15 tomará o relevo M-Clan, no Auditorio de Caranza. O teatro tomará o relevo o domingo 16 con “Ebook, las edades del libro” e despois darase paso ó Premio de Piano para pechar o mes con “Cyrano de Bergerac” o domingo 30.
En decembro actuará Rosendo no Auditorio o sábado 13, e o mércores 17 poderase gozar co ballet “El lago de los cisnes”. O musical infantil “Pulgarcita” chegará ó teatro o día 20 e o mesmo xénero será protagonista o 28, con “El fantástico mundo de Diverplay”. Antes, o 21, gozarase con “Broker”, unha proposta teatral da compañía Yllana. Como peche, o sábado 27 representarase a zarzuela “La revoltosa”.
A este programa hai que engadir os concertos que organiza a Sociedad Filarmónica Ferrolana, coa Filharmonía de Galicia o 19 de novembro e a Sinfónica o 4 de decembro.

Rosendo, M-Clan e a final de piano, citas para o Auditorio

Te puede interesar