Remata o prazo de presentación do Premio Etnográfico de Pontedeume

Os interesados en participar no XVII Premio de Investigación Concello de Pontedeume teñen ata este vernes de prazo para presentar os seus traballos no Rexistro Xeral. Deben  referirse a Pontedeume ou á súa comarca e centrarse en aspectos etnográficos, antropolóxicos ou históricos. O premio consiste nunha recompensa económica de 1.140 euros e a publicación do traballo na edición anual da revista Cátedra, que sae no mes de xuño.
Pódese optar ó premio de forma individual ou colectiva. Os traballos, en lingua galega, deberán ter unha extensión entre os 50 e os 100 folios, incluíndo o material gráfico. O fallo coñecerase o 29 de se-tembro, celebración da romaría de Breamo. n

Remata o prazo de presentación do Premio Etnográfico de Pontedeume

Te puede interesar