Recordo e homenaxe a Carvalho Calero en Ferrol Vello polo 27 aniversario do seu pasamento

Recordo e homenaxe a Carvalho Calero en Ferrol Vello polo 27 aniversario do seu pasamento

A Fundaçom Artábria organizou onte un acto de recordo e memoria á figura do profesor e historiador ferrrolán, Ricardo Carvalho Calero, polo 27 aniversario do seu pasamento.

Bandeirolas, caraveis brancos e poesía se deron cita diante das ruínas da su casa natal no barrio de Ferrol Vello. Ao acto acudiron o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e o voceiro do grupo municipal do BNG, Iván Rivas.

Sobe as 12.30 horas, Iolanda, Teixeiro, Xurxo Gago e Iolanda Gomis foron os encargados de recitar algúns versos ao que foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago e está considerado como o gran pensador do reintegracionismo –de aí que onte se pudiese ler nuncha pancarta “O galego ou é galego.português, ou é galego-castelhano”.

O seu nome leva anos soando como candidato para dedicarlle o Día das Letras Galegas, pero a RAG aínda non se decidiu por outorgarlle dito recoñecemento. Na cidade naval, o ferrolán conta cun centro cultural no Inferniño, un instituto no Barrio de Caranza e os premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, institución que non lle concedeu o título de “Fillo predilecto” ata o ano da súa morte, 1990.

Recordo e homenaxe a Carvalho Calero en Ferrol Vello polo 27 aniversario do seu pasamento

Te puede interesar