Presupuestos, urbanismo y subvenciones

Edificios públicos vacíos

“Coas limitacións que temos para contratar funcionarios vémonos na situación de que temos moitísimas instalacións de propiedade municipal –non só FIMO senón tamén o Hospicio ou mesmo o museo de Mella–, que creo que son un privilexio para a cidade, nas que se fixeron grandes obras de rehabilitación, pero nas que temos moitas dificultades para facer o que nós queremos: que sexan atendidas desde o público e non externalizar eses servizos".

Presupuestos municipales
“Temos uns orzamentos limitados, de aproximadamente 53 millóns de euros, e para investimentos libres unicamente 4,5 millóns”.

Subvenciones a la semana santa
“Hai determinados axentes culturais e sociais na cidade que manteñen desde hai moito tempo posicións de certo privilexio de trato respecto das administracións. Podemos facer unha comparativa dos fondos que recibiron respecto a entidades sociais que incluso desapareceron, como Lazos. Teño moi claros os meus principios, conviccións e valores ideolóxicos e políticos pero iso non xustifica entrar no goberno como un elefante nunha cacharrería e provocar un conflicto social. Sigo defendendo que nun estado laico a Semana Santa non debe ser subvencionada pero recoñezo o interese que ten para a cidade, para a hostelería e o comercio, ademais do respecto, desde logo, ás manifestacións relixiosas individuais de cada persoa. A aportación non vai chegar a 75.000 euros pero vai ser suficiente. Este é un ano excepcional pero de cara ó que vén demandamos maior implicación da Xunta".

Plan especial de ferrol vello

“Aprobamos o Plan Especial de Protección e Reforma Interior de Ferrol Vello, que era un proxecto do PP, nun pleno, por responsabilidade e porque este barrio merece unha actuación que non pode dilatarse. Se volvemos a comezar desde cero iso levaría outros tres anos e corremos o risco de perder a financiación de 15 millóns de euros que estamos solicitando a Europa.  É importante antepoñer os intereseses da cidadanía de Ferrol e chegar a acordos”.

Estrategias turísticas
“Hai que poñer en valor as potencialidades desta cidade e non só centrarse no entorno natural, que é o que vai tocar neste Fitur, senón tamén no patrimonio que temos aquí, da muralla para alá. Un día pola noite temos que poñernos todos de acordo e tirala”.

Plan xeral de urbanismo
“É imposible que dea tempo neste mandato a aprobar un novo Plan Xeral porque o prazo medio é de seis ou oito anos e temos tamén unha Lei do Solo de Galicia que merece unha revisión. Cómpre facelo con calma, sen présa pero sen pausa, para que non pase o de Vigo. Temos un primerio avance de ideas que se expoñerán en febreiro e ademais é fundamental que sexa tramitado en consenso coa cidade de Narón e tamén con Fene que forma parte desa continuidade urbana”. Entre las prioridades cita “a unión de barrios que están en risco de convertirse en guetos, como Santa Mariña ou San Pablo”, evitar la dispersión urbanística y atender a la zona rural.

Presupuestos, urbanismo y subvenciones

Te puede interesar