O Premio de Narrativa Torrente Ballester case bate o seu récord de participantes con 610 orixinais

O Premio de Narrativa Torrente Ballester case bate o seu récord de participantes con 610 orixinais
Diario de Ferrol-2014-08-20-014-ef5b64e0

Tralo peche do prazo para presentarse á XXVI convocatoria do premio de narrativa Torrente Ballester, a presente edición case bate récord de participantes con 610 obras procedentes de 26 países. Trátase dunha cifra próxima ao seu mellor rexistro que se logrou en 2011 con 611 títulos, só un máis que este ano, o que consolida o premio organizado pola Deputación da Coruña como un dos preferidos polos escritores.
Nesta edición cóntanse 468 autores españois e 142 procedentes dalgún país estranxeiro. Súmanse por tanto traballos procedentes de Arxentina, República Dominicana, México, Colombia, Chile, Salvador, Ecuador, Perú, Uruguai, Paraguai, Costa Rica, Venezuela, Cuba e Bolivia no ámbito sudamericano, pero tamén de Grecia, EEUU, Alemaña, Italia, Canadá, Francia, Suíza, Bélxica ou Inglaterra. Ademais de Marrocos, Israel e ata Malasia.

castelán e galego
De todas estas obras, 565 están escritas en castelán e outras 45 presentáronse en galego. Agora o xurado terá que decidir cal delas se levará o XXVI premio Torrente Ballester, dotado con 25.000 euros. O fallo está previsto para outono e a Deputación da Coruña encargarase da edición da obra seleccionada.
Este galardón, o máis antigo da Deputación e un dos de maior prestixio a nivel nacional, naceu co ánimo de fomentar a calidade fabuladora e a creatividade dos escritores, ao tempo que se rende homenaxe ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester e non só a través do certame literario.
De feito, co gallo da celebración do 25 aniversario do premio o ano pasado, este mesmo verán potenciouse a denominada Ruta Torrentiana, un traxecto guiado por diferentes lugares de Ferrol que percorre os espazos vitais máis simbólicos e referentes da vida e da obra do autor de “La saga/fuga de J.B.” e “Los gozos y las sombras”. n

O Premio de Narrativa Torrente Ballester case bate o seu récord de participantes con 610 orixinais

Te puede interesar