O prazo para participar na nova edición do Club de Debate mantense aberto até o venres

Todos os centros de ensino ferroláns que impartan os niveis de Secundaria e Bacharelato están convidados pola Concellaría de Normalización Lingüística a inscribirse nunha nova edición, a cuarta, do Club de Debate, unha iniciativa coa que se busca fomentar as habilidades comunicativas e o uso da lingua galega e na que, ademais do Concello da cidade naval, participan outros sete: os de Ames, Carballo, Compostela, Pontevedra, Rois, Teo e O Carballiño.
Os colexios e institutos interesados en participar poden formalizar a súa inscrición até este venres, incluído, chamando ao número de teléfono 981 944 014 ou enviando un correo electronico ao enderezo gnl@ferrol.es. Unha vez anotados, os equipos serán convocados a unha xornada na que se darán a coñercer as normas, os tempos, a estrutura e a dinámica de funcionamento do certame, cuxa final galega, na pasada edición, a deste ano, se celebrou no Teatro Jofre.

fases
Ademais de estimular o pensamento crítico, a tolerancia na diversidade de opinión e o traballo en equipo, o Club de Debate quere favorecer tamén o uso do galego en contextos formais  –o concurso– e informais –a convivencia entre os participantes–.
O sistema de competición será o mesmo ca o de as edicións anteriores, cunha primeira fase local na que os participantes –de 3º e 4º de ESO ou 1º de Bacharelato ou FP– terán que defender, por quendas, a posición favorábel e contraria sobre o tema proposto.
A fase local deste ano celebrarase entre finais de febreiro e comezos de marzo. O tema do debate elixirase por votación entre os propostos polos propios centros participantes. O equipo gañador, ademais de pasar á fase final galega, recibirá un premio valorado en 500 euros; o segundo clasificado, un de 300. A final terá lugar o 25 de abril. Quen a gañe terá a oportunidade de participar nunha fin de semana multiaventura nun espazo de interese natural e cultural de Galicia.

O prazo para participar na nova edición do Club de Debate mantense aberto até o venres

Te puede interesar