A praza do Himno Galego, punto de referencia desta data

A praza do Himno Galego, punto de referencia desta data
ofrenda floral por el día da patria galega en la plaza del Himno Galego

Un ano máis, a praza do Himno Galego, onde conflúen as rúas Pascual Veiga –autor da música do himno galego– e Eduardo Pondal –pai da letra– e onde se atopa o monolito dedicado a Xosé Fontenla Leal –promotor da composición–, serviu de referencia para a celebración institucional do Concello de Ferrol do Día da Patria Galega, que se adianta, como noutras ocasións, á data que hoxe se conmemora.
O amplo abano de partidos que conforman a corporación estivo representado na celebración, deslucida pola chuvia, que fixo que as actuacións do Real Coro Toxo e Froles se limitase a unha peza. Ademais dos políticos, autoridades militares e tamén representantes de sindicatos ou entidades veciñais e sociais achegáronse ata Esteiro para lembrar esta data.
O alcalde, Jorge Suárez,  aludiu a que se trata de “un día grande no noso país, o día nacional de Galicia, no que reforzamos o noso sentimento colectivo”. Indicou que este “non ten que limitarse a un día en exclusiva senón seguir construíndo e creando en colectivo o país, e non só como reivindicación cultural ou lingüística senón de dereitos sociais ou laborais”. Neste senso, afondou en que se están a dar pasos nesa construción, “e esa é a idea, a de que toda a sociedade galega teña un sentir común, que máis alá dun rexionalismo puro que defenden sectores máis conservadores se nos reforce como idea de pobo coa súa identidade”.
Trala intervención do rexedor, levouse a cabo unha ofrenda floral aos pés do monolito dedicado ao intelectual ferrolán Xosé Fontenla Leal. Cada un dos representantes dos grupos municipais (Ana Masafret –C’s–, Iván Rivas –BNG–, Beatriz Sestayo –PSOE–, Rosa Martínez –PP– e Álvaro Montes –FeC–) foi poñendo unha porción de bandeira galega, feita con caraveis brancos e azuis, que rematou o alcalde coa colocación do escudo de Galicia.
Como ven sendo habitual, a continuación, tamén depositaron coroas tanto o investigador Jaime López como o Real Coro Toxos e Froles, decano de Galicia.
As autoridades militares presentes no acto e os veciños tamén depositaron caraveis no monolito, en tanto o coro Toxos e Froles encargouse de pechar o acto coa interpretación musical e cantada do Himno Galego

A praza do Himno Galego, punto de referencia desta data

Te puede interesar