Pontedeume amosa a súa solidariedade cos máis vulnerables da catástrofe nepalí

Pontedeume amosa a súa solidariedade cos máis vulnerables da catástrofe nepalí
pontedeume festival solidario

“Estamos moi contentos. A resposta da xente de Pontedeume foi fenomenal, doando todo tipo de cousas para o sorteo e enchendo a carpa durante todo o día”. Así falaba na tarde de onte Amalia Saavedra, unha das responsables da ONG Dididai que traballa no orfanato de Bal Mandir, en Katmandú, especialmente con nenos e nenas con diversidade funcional. A entidade quedou parcialmente destruída tralo tremor do pasado 25 de abril e boa parte do tecido asociativo Pontedeume e a asociación de comerciantes UCOA volcáronse en axudar a recadar fondos para esta ONG a través do festival solidario celebrado onte.
A praza do Conde acolleu obradoiros de música, pararrúas con Airiños do Eume, unha paella popular e un amplo festival de música ata ben entrada a madrugada con bandas como Orballo, Debosses, Tributo a Maná, A Diestro y Siniestro, Superglú, The Pyjamas, Rueda Fortuna, Huella, Big Band Theory ou Nepal Band. Mentres había sorteos de regalos entre os asistentes doados polos comercios e particulares da vila eumesa solidarios con esta causa.

Pontedeume amosa a súa solidariedade cos máis vulnerables da catástrofe nepalí

Te puede interesar