O Plan de Acollida ao alumnado da UNED aterra hoxe na cidade naval

O Plan de Acollida ao alumnado da UNED aterra hoxe na cidade naval
A secretaría da UNED en Ferrol está ubicada na rúa María Jorge meis

A extensión ferrolá da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) acollerá hoxe a primeira das xornadas informativas enmarcadas no Plan de Acollida ao alumno deste novo curso 2016/2017.
Trátase, tal e como se informa, do taller de presentación de traballos “Sabes que é unha PEC?”, onde se achegará toda a información relativa as Probas de Avaliación Continua da devandita institución académica, o seu carácter optativo, a utilidade ou non da súa realización ou o cálculo de porcentaxe nas notas segundo o tipo de PEC. Os alumnos matriculados na aula de Ferrol, e interesados nesta actividade, poderán seguila desde a súa casa vía “streaming”.
O programa continuará o luns con outra sesión sobre o Curso de Acceso para seguir o martes con outra xornada destinada a informar sobre os estudos de graos oficiais, así como sobre os servizos do Centro Asociados ou a metodoloxía empregada nesta universidade. O mércores haberá unha actividade presencial arredor do manexo das plataformas da UNED e as TIC. Para asistir a cada actividade é precisa a inscrición previa na plataforma web do Centro Asociado.

O Plan de Acollida ao alumnado da UNED aterra hoxe na cidade naval

Te puede interesar