O Padroado da Cultura inclúe catro espectáculos infantís para o segundo trimestre do ano

Os espectáculos organizados polo Padroado da Cultura de Narón para o público infantil teñen sempre unha excelente acollida de aí que desde a entidade aposten por incluír na programación  do Pazo como mínimo un espectáculo infantil ao mes, tratando e incrementar esta cifra sempre que sexa posible.
Isto é o que sucederá, precisamente, no segundo trimestre do ano, con catro propostas diferentes en cartel pensadas para os pequenos da casa. O primeiro terá lugar o vindeiro 9 de abril, co musical “La reina de las nieves”, a cargo de Nooma Producciones. Dará comezo ás seis da tarde e as entradas teñen un prezo de 12 euros se se mercan de xeito anticipado e de 14 o propio día do espectáculo. Estas xa se poden adquirir na billeteira do Pazo.
As correspondentes ás outras tres actividades –con prezos que oscilan entre os 9,50 e 5,50 euros– poñeranse á venda a partir do vindeiro mércores día 22.
O día 23 de abril será a quenda para a obra “A nena e o grilo” , de Urdime Propostas Culturais e protagonizada por Magín Blanco e María Faltrí, xunto a outros actores e músicos. A peza ten como eixo as historias que unha nena  e un grilo inventan para pasar o tempo xuntos e afastarse do aburrimento.

maio
No mes de maio haberá outros dous espectáculos dirixidos aos cativos e cativas. O primeiro deles terá lugar o día 7, de novo con Magín Blanco que, neste caso acompañado de Uxía, versionarán temas de Manuel María, abordando diferentes temas de actualidade e combinando a música tradicional galega con outros estilos no espectáculo denominado “Canta o cuco”, tamén de Urdime Propostas Culturais. O público poderá gozar, entre outras cousas, dunha creación propia dos músicos, “Todo me fala de ti”. 
O último dos espectáculos infantís do segundo trimestre do ano será, o día 21, “Zampón o lambón”, que mestura os xéneros musical e teatral. Xigantes, cabezudos, títeres e actores darán vida a esta obra, na que un investigador e un músico vivirán numerosas aventuras cunha festa de por medio, a de Ledicia. n

O Padroado da Cultura inclúe catro espectáculos infantís para o segundo trimestre do ano

Te puede interesar