Orballo leva a Pontedeume a forza do mellor folclore nacional e internacional

Orballo leva a Pontedeume a forza do mellor folclore nacional e internacional
Diario de Ferrol-2015-07-30-011-daaf8342_1

A vila dos Andrade volverá a gozar un ano máis, e van xa XXVIII edicións, do seu festival internacional de folclore que se celebra mañá e pasado, ás 21.00 horas, na praza de San Roque, popularmente coñecida pola praza da Calzada. 
A asociación cultural Orballo organiza este evento que mañá estará adicado ao folclore internacional e no que participan agrupacións como Krida Budaya(Indonesia); Folk Ensemble “Stari Dussanovac”, de Belgrado (Serbia); Grupo de Danzas de Logroño e a formación anfitriona, a asociación folclórica e cultural Orballo, de Pontedeume. O sábado o programa contará co Grupo de Danzas de Logroño, Coros y Danzas de Lorca (Murcia) e novamente Orballo. En total uns 200 participantes sobre o escenario da praza eumesa. 
Como novidade, nas dúas xornadas concentraranse cada día ás 19.30 horas na alameda as formacións participantes e farán un pasarrúas por boa parte do centro histórico de Pontedeume. 
Aínda que a Orballo conta coa colaboración do Concello e da Deputación, os considerables gastos desta cita de referencia na comarca eumesa co folclore nacional e internacional fan que no lugar do evento se instale unha tómbola benéfica con agasallos e vales de desconto doados polo comercio e a hostelería eumesa. Esta iniciativa axuda a sufragar os gastos de desprazamento e manutención dos integrantes dos grupos asistentes. Unha axuda que este ano superou aos anteriores en canto a participación no número de empresas comprometidas, arredor de 200.

Orballo leva a Pontedeume a forza do mellor folclore nacional e internacional

Te puede interesar