A ONCE volve deixar miles de euros na comarca

A ONCE volve deixar miles de euros na comarca
Premio ONCE en A Pomba

Hai tan so unha semana, o cupón da ONCE deixaba na vila de Ares 245.000 euros en sete boletos, o sorteo deste mércoles voltaba traer a sorte a esta bisbara.
Nesta ocasión, repartíronse 70.000 euros en dous boletos que tiveron premio ás cinco cifras e reciben, deste xeito, 35.000 euros cada un. Tratábase do número 05097.
Polo precio de 1,5 euros, o cupón diario ofrece 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademáis, o cliente pode xogar tamén á serie por 0,5 euros máis e gañar “a paga” de 3.000 euros ó mes durante 25 años.
A vendedora Rocío Vázquez López foi a encargada, nesta ocasión, de vender estes cupóns, por TPV, na súa ruta como ambulante por Fene, Maniños, O Seixo e Mugardos. Onte amosábase  moi contenta, do mesmo xeito cos agraciados. De feito, un deles non dubidou en fotografiarse con quen lle deu a sorte en forma de cupón nas inmediacións de “A Pomba” onde se venden boletos.
A venta por TPV é unha das modalidades da que fan uso os vendedores ambulantes da ONCE e gracias a este Terminal Punto de Venta o cliente pode elexir o número que máis lle gusta oou ben deixalo en mans do azar.

A ONCE volve deixar miles de euros na comarca

Te puede interesar