O pintor Raúl Velloso expón a súa obra ata o 31 de marzo no Casino

O pintor Raúl Velloso expón a súa obra ata o 31 de marzo no Casino
imaxe da inauguración, onte á tarde, no casino daniel alexandre

O pintor Raúl Velloso amosa a súa obra en Ferrol nunha exposición que se inauguraba onte no Casino Ferrolán e que poderá verse neste espazo da rúa Real ata o 31 de marzo. Velloso, que vive entre Cangas e Barcelona, foi alumno de Antoni Tàpies. Define a súa pintura como “figurativa, moi colorista”.
Este creador, que traballa con case unha vintena de galerías de todo o mundo, ofrece por primeira vez na cidade a súa obra. Presenta varios edificios modernistas, así como faros, viúvas galegas e tamén pezas con temática taurina.
A crítica detecta nos seus cadros influencias da natureza e tamén da arquitectura de Antonio Gaudí.
O Casino abre as súas portas de luns a venres, de 9.00 a 22.00 horas, e os sábados e domingos, de 10.00 a 22.00.
A súa actividade cultural intensificouse esta semana cunha conferencia sobre Cunqueiro a cargo de Luís Alonso e co fallo do seu premio de poesía, que gañou  Andrés Rodríguez Blanco.

 

O pintor Raúl Velloso expón a súa obra ata o 31 de marzo no Casino

Te puede interesar