O Camiño do Inglés triunfa no concurso “Tapéate” cunha escabechina de xurel

O Camiño do Inglés triunfa no concurso “Tapéate” cunha escabechina de xurel
os premiados nesta priomeira edición comparten imaxe cos organizadores

O establecemento O Camiño do Inglés logrou o primeiro premio no concurso de tapas “Tapéate” organizado pola Asociación de empresarios de Hosteleria coa colaboración da Empresa Mixta de Turismo do Concello de Ferrol. O gañador da mesma segundo o criterio do xurado foi unha escabechina de xurel elaborada polo citado establecemento rexentado por Daniel López na rúa San Francisco, 17.

En canto aos premios do público, o terceiro foi para o Mesón Alfonso cun solombo de porco ibérico en salsa de champiñóns. O segundo para uns chipiróns recheos de grelos elaborados por La Casa de Troya, e o primeiro logrouno o Mesón Mateo cunha tapa a base de ovos. Entre os clientes os premiados foron Jesús Antón Albariño e Teresa Lostres Alonso.

O premiado polo xurado recibiu 600 euros, mentres que os tres primeiros clasificados segundo o público logran 400, 300 e 200 euros respectivamente. Os clientes galardonados acadan unha estancia nunha casa de turismo rural. Na entrega dos premios Julio Martínez, presidente da Asociación de Hostelería, falou do éxito de participación de locais e público e solicitou a continuidade da iniciativa.  

 

ámbito comarcal

Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asegurou que o”Tapéate” tiña que seguir “medrando non só en Ferrol senón acabar sendo de nivel comarcal” ao tempo que asegurou que “hai que seguir dinamizando a hostelaría porque é a imaxe e a cara que os turistas teñen de Ferrol”.

Na mesma liña, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, destacou o éxito de participación de público e locais nesta iniciativa que continuará no futuro como un apoio á hostalería local. Rey salientou que tratarían de implicar a máis  barrios da cidade e manifestou o seu o interese en que “Tapéate” medre nos próximos anos.

O Camiño do Inglés triunfa no concurso “Tapéate” cunha escabechina de xurel

Te puede interesar