O Ateneo comeza 2013 na súa sede e cunha exposición de Borja López

O Ateneo comeza 2013 na súa sede e cunha exposición de Borja López
imaxe do rehabilitado edificio do ateneo (centro concepción arenal), unido agora co inmoble contiguo j.m.

O Ateneo Ferrolán comeza a recuperar a normalidade despois de máis de dous anos de obras na súa sede da rúa Magdalena. Instalados xa no edificio rehabilitado –aínda que todavía con problemas, xa que falta recuperar a biblioteca-hemeroteca, depositada nunha empresa gardamobles–, bota a andar a súa programación. Xa a finais do ano pasado celebraron no salón de actos, case por sorpresa, as Xornadas da Gaita. En xaneiro comezarán coa actividade expositiva, coas reunións do clube de lectura e o de pensamento filosófico, retomarán os martes de cine (que ata o de agora se levaban a cabo na capela do Torrente Ballester) e farán tertulias e unha asemblea xeral de socios.

“Poder empregar a nosa sede, evidentemente, é o que estabamos esperando”, afirma Ramón Veloso, presidente do Ateneo, que lembra que durante este tempo botaron man da xenerosidade doutras entidades, como o Toxos e Froles ou de Sargadelos, así como da capela do Torrente para as súas propostas. “Volvemos centralizar todo no propio edificio do Ateneo e vamos continuar como sempre. O problema máis importante que temos é o da documentación, que está nunha empresa de mudanzas. O Concello, e sobre todo Urbanismo, ten que arreglar iso dunha vez, porque formaba parte do contrato”.

Con esta idea primordial en mente –a hemeroteca do Ateneo é a máis importante da cidade e emprégana ducias de historiadores–, comezan un ano no que esperan captar novos socios “e tamén entidades e institucións que se comprometan co Ateneo para darlle estabilidade a unha asociación que serve á cidade e á Galicia”, comenta Veloso. A estabilidade que precisan, por exemplo, para seguir convocando o premio de gaita solista Constantino Bellón, agora no limbo. “Tentamos buscar financiación estable. Este ano non imos ter subvención de ningún tipo, a do Concello de-sapareceu e outras achegas que podería haber están paradas”, apunta. Buscan outras vías “e esperamos conseguilo”.

 

axenda

O Ateneo recibe hoxe ós membros do clube de lectura, coordinado por Ánxeles Seoane, que reflexionan sobre “La Celestina”, de Fernando de Rojas. Ademais, reúnese a xunta directiva. Mañá mércores volverán á rúa Magdalena os membros do Círculo de Pensamento Filosófico.

O Ateneo comeza 2013 na súa sede e cunha exposición de Borja López

Te puede interesar