O novo de Teterella e o musical infantil “Pulgarcita”, en Narón e no Jofre

O novo de Teterella e o musical infantil “Pulgarcita”, en Narón e no Jofre
Jofre festival de villancicos de las rondallas J.L.BÚA

Tania Villamarín e Mateo González protagonizan “Love Room”, a nova obra do grupo Teterella Teatro, que hoxe poderá verse no café do Pazo da Cultura de Narón, ás oito da tarde (entradas a 9,50 euros). Carmen Blanco dirixe unha historia na que o encontro entre un xornalista deportivo, casado e cun fillo e na crise dos corenta, e unha enxeñeira solteira e optimista derivará en inesperados acontecementos.
A oferta escénica nos dous grandes espazos culturais da comarca ten en Ferrol carácter musical e infantil. No teatro Jofre, ás seis da tarde, representarase “Pulgarcita”, unha proposta baseada no conto para nenos que espertou tanto interese que onte quedaban xa escasas localidades para asistir á función. Custan sete euros.

Música
A actividade nestas datas fixo que tamén a tarde de onte ofrecese interesantes opcións. As rondallas deron o seu concerto de Nadal no Jofre. No Pazo da Cultura foi a zarzuela a protagonista, coa Compañía Lírica de Galicia, cunha selección das mellores pezas do xénero.

O novo de Teterella e o musical infantil “Pulgarcita”, en Narón e no Jofre

Te puede interesar