A novela mexicana do século XX, un tesouro narrativo que pode verse na Biblioteca Central

A novela mexicana do século XX, un tesouro narrativo que pode verse na Biblioteca Central
biblioteca municipal expocion libros mexico

Desde esta semana a Biblioteca Central da praza de España amosa a mostra “México na súa novela (1915-2015): Exposición bibliográfica” que se amosa ata o 14 de xullo na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal, no 3º andar cun horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

revistas de historia
Segundo escribe o profesor Luis Alonso Girgado, un dos responsables da mostra, “no ano 1910, entraba México en situación de guerra civil. En 1917, o país tiña unha nova Constitución. Ese intre de dez anos constitúe a chamada Revolución mexicana, que perdurou –xa pacificamente– ata o medio século. En 1915, o doutor Mariano Azuela, que viviu os sucesos revolucionarios, publicaba por entregas nun xornal do país a novela ‘Los de abajo’, que o tempo faría cabeceira de toda unha vasta xeografía narrativa composta de varios centos de títulos. Pódese dicir, así, que a Revolución representa a entrada de México na modernidade política, social e cultural. Aínda hoxe mesmo ecoan aqueles feitos tan fondamente renovadores e non poucas promesas incumpridas”.
Destaca Alonso que “a Biblioteca Municipal de Ferrol, con esta exposición bibliográfica, rende homenaxe ao doutor Mariano Azuela, así como ós numerosos escritores que continuaron polo camiño que abriu: Martín Luis Guzmán, José Mancisidor, Juan Rulfo, Gregorio López y Fuentes, Carlos Fuentes ou Agustín Yáñez. Tamén pretende esta exposición abrir unha fiestra á espléndida panorámica do último século (1915-2015) da novelística do país azteca, que ten en Juan Rulfo e Carlos Fuentes os seus nomes máis universais. Estamos ante unha narrativa moi moderna, moi experimental e aínda moi atenta ao devir –deformado por sucesos tráxicos e violentos– da actualidade, polo demais sumamente complexa, do país. Velaquí un importante capítulo das letras hispánicas, mexicanas concretamente, que por tantas razóns deben interesarnos e debemos coñecer. Tamén os galegos, e non poucos, estiveron e continúan a estar no país da aguia e da serpe”. n

A novela mexicana do século XX, un tesouro narrativo que pode verse na Biblioteca Central

Te puede interesar