Narón e o Teatro Colón alíanse na obra “Don Juan Tenorio en Feminino”

Narón e o Teatro Colón alíanse na obra “Don Juan Tenorio en Feminino”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-403d912a_1

No marco do convenio de colaboración que o Padroado de Cultura de Narón e o Teatro Colón rubricaron hai varios meses, ambas institucións xunto ao Centro Coreográfico Galego e á Federación Unión de Comercios Coruñesa poñen agora en marcha a acción formativa “Don Juan Tenorio en Feminino”. Se trata dunha proposta enfocada a actrices amateurs ou en período de aprendizaxe para poñer en marcha un equipo integrado na súa totalidade por mulleres.
Entre 15 e 20 actrices non profesionais terán a oportunidade de profundizar na súa formación a través de obradoiros gratuitos, e que xunto aos ensaios da obra culminarán o 31 de outubro e o 1 de novembro coa representación da peza no Teatro Colón de A Coruña.
O Padroado de Cultura de Narón, cunha dilatada experiencia a formación de actores dende 1985 a través da súa escola de teatro, colaborará na formación das participantes, segundo apuntou onte a concelleira Marián Ferreiro durante a presentación da iniciativa na Coruña. Ademáis o municipio tamén acollerá unha representación da obra.
O casting está aberto a tódalas mulleres de máis de 20 anos e terá lugar no Teatro Colón o próximo sábado 4 de xullo de dez a dúas da tarde. As interesadas deberán remitir un correo electrónico a: producción@teatrocolon.es para que lles asocien un horario e lles faciliten o texto para preparar a proba.
Segundo salientou a directora de producción do proxecto, Anahí Taraburelli non se trata dunha acción feminista senón feminina coa que se pretende recuperar a tradición de representar a Don Juan Tenorio na proximidade do Día de Defuntos, apostar pola innovación na posta en escena e abrir unha vía de acción e intercambio social. “Queremos repetir esta experiencia aproximándonos y colaborando con distintos colectivos cada año, en este caso lo hemos enfocado a la mujer”, dijo.

Narón e o Teatro Colón alíanse na obra “Don Juan Tenorio en Feminino”

Te puede interesar