Nacho Carretero, Ramón Chao, Zehra Dogan e Julia Otero, candidatos ao XIV Premio Couso

Dúas mulleres e dous homes, tres deles galegos, optan este ano ao XIV Premio José Couso de Liberdade de Prensa convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol.
Nacho Carretero, Ramón Chao, Zehra Dogan e Julia Otero son os catro profesonais propostos polos colexiados e socios das devanditas entidades, así como por otras asociacións e persoas relacionadas coa comunicación.
Unha vez coñecido o nome dos catro aspirantes ao galardón, desde onte e ata o vindeiro 10 de abril, os colexiados do CPXG e os socios do Club de Prensa, poderán emitir os seus votos pola candidatura elixida. O nome do gañdor darase a coñecer nunha rolda de prensa e a entrega do premio terá lugar o 3 de maio, Día da Liberdade de Prensa, en Ferrol.
Como cada ano, o Concello cederá o teatro Jofre para celebrar os actos, entre os que está prevista unha actuación musical.

O xornalista coruñés Nacho Carretero é autor do libro “Fariña”, que aborda o tema do narcotráfico en Galicia nos anos 80 e 90 do século pasado e que foi secuestrado o pasado febreiro por orde xudicial.
Outro dos candidatos é Ramón Chao, veterano escritor e xornalista, defensor da liberdade de prensa ao longo de toda a súa traxectoria e tamén da lingua e cultura galegas.

Zehra Dogan é unha xornalsita kurda e editora da axencia de noticias Jinha, formada integramente por mulleres, que se atopa encarcerada polo seu traballo de comunicadora.
A monfortina Julia Otero é outra das profesionais propostas para o galardón polo seu compromiso coa liberdade de prensa e pola defensa da información rigorosa e contrastada. Ata o momento foi merecedora de catro premios Ondas, entre outros recoñecementos.

Nacho Carretero, Ramón Chao, Zehra Dogan e Julia Otero, candidatos ao XIV Premio Couso

Te puede interesar