Nace “Na raíz”, unha aposta de Cultura centrada na música popular de calidade

Nace “Na raíz”, unha aposta de Cultura centrada na música popular de calidade
GRA286. HUESCA, 29/07/2015.- Fotografía facilitada por el festival Pirineos Sur de la cantante aragonesa Carmen París (d) y a la marroquí Nabyla Maan, que presentarán este fin de semana en el escenario flotante de Pirineos Sur

O Jofre acolle en outono unha novidosa proposta musical da Concellería de Cultura que pasa por darlle pulo á música popular desde a reinvención dos estilos con fidelidade aos xéneros.
“Na Raíz” será un ciclo de catro concertos do 30 de outubro ao 15 de xaneiro, con nomes tan coñecidos como Carmen París, Davide Salvado, Fetén-Fetén e Raúl Rodríguez, chegados desde Andalucía, Aragón, Castela e León e Galicia. Así o avanzou onte o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, quen insistiu en que independentemente doutros programas que seguirán funcionando, o seu departamento quería levar a cabo ciclos que ofrecesen algo máis aos espectadores de Ferrol e de fóra baixo o criterio da calidade. “E que por suposto terán continuidade”.  
“É un ciclo que, coa denominación Na Raíz, presenta un concerto ao mes que ver coa defensa do que é propio, do que ten tradición, base e fundamento e que agora está de moda chamar old music”, explicou Basterrechea, que destacou a calidade dunha oferta atemporal que vincula modernidade e tradición coa renovación da tradición musical das distintas autonomías do Estado e que foi pensada para encher o teatro ferrolán de público local pero tamén chamar atención fóra.

valoración histórica  
Dáse a circunstancia, manifestou o edil, de que todos os artistas convidados ao ciclo –excepto un– debutarán na cidade naval aínda que nas súas costas levan xa unha ampla traxectoria musical en seis nomes propios que “son sinónimo de compromiso artístico, calidade e atemporalidade e que rachan cos moldes e prexuízos desde o coñecemento da tradición”. 
O custe aproximado de Na Raíz é de 20.000 euros, concretou Basterrechea, destacando que esta cantidade “equivale a un dos concertos que se celebraron na anterior etapa dentro do ciclo “Sons de Ferrol”. Este importante aforro faise “porque nós negociamos as actuacións concerto a concerto”.  Tamén dixo que esta rebaixa a notará o espectador que pagará  de 5 a 10 euros en función da localización.
“É un ciclo para todos os públicos mais alá das modas e que busca frescura cunha imaxe novidosa”, resaltou o concelleiro, que estivo acompañado na presentación por Pepe Cuña, do blog musical Ábretedeorellas.com, e co asesoramento técnico de Luneda Produccións.

Nace “Na raíz”, unha aposta de Cultura centrada na música popular de calidade

Te puede interesar