Musical infantil no Jofre coa versión do clásico dos Grimm “Hansel & Gretel”

Musical infantil no Jofre coa versión do clásico dos Grimm “Hansel & Gretel”
Diario de Ferrol-2015-05-16-014-58560bb3_1

O Teatro Jofre acolle esta tarde a representación dunha nova peza teatral dedicada aos máis pequenos . Trátase da adaptación musical infantil do conto “Hansel & Gretel” que dará comezo ás 19.00 horas. Segundo explican dende Hydra Audiovisual, a proposta artística que se vai presentar hoxe no escenario ferrolán “deixa atrás os aspectos máis tremendistas da historia orixinal e amosa aos irmáns como dous mozos loitadores que se adentran no bosque prohibido para atopar un tesouro que axude á súa familia a saír da pobreza”.
Entre os valores que transmite o musical atópanse a importancia da unión da familia, o valor da amizade e o respecto e o coidado dos maiores. Hai tamén no espectáculo grandes doses de aventura, tenrura e humor que, segundo os seus promotores, “farán as delicias de toda a familia”.
A súa proposta é unha nova versión do conto dos irmáns Grimm en formato musical que conta con dirección, libreto e cancións de Miguel Antelo, e tamén coas coreografías de Sonia Dorado, orquestacións de Pablo Trujillo e un elenco de artistas procedentes dalgunhas das mellores produccións do teatro musical do país. O reparto está encabezado por Juan Antonio Carrera (Hansel), Ruth Ge (Gretel), Angel Muñiz (Patas Locas/Boris) e Esther Izquierdo (Iselda).

Musical infantil no Jofre coa versión do clásico dos Grimm “Hansel & Gretel”

Te puede interesar