Música e teatro no festival do colexio Compañía de María

Música e teatro no festival do colexio Compañía de María
Jofre festival compañía de maría

O Jofre convertiuse onte no escenario do gran festival co que o colexio Compañía de María fixo un repaso polos 125 anos transcorridos desde a chegada á cidade naval da devandita Orde. Unha representación de alumnos de cada curso, desde os máis pequenos de 3 anos ata os de 4º de ESO, protagonizaron unha cita na que a música, o baile e o teatro foron da man. Contouse tamén coa participación de memobros da ANPA, así como de profesores, familias e antigas alumnas.

procesión
O programa de conmemoración do 125 aniversario do centro educativo, que se veu desenvolvendo ao longo de todo o ano, chegará hoxe ao final coa celebración de “La niña María” e a procesión, que partirá ás 10.15 horas desde o colexio e percorrerá varias rúas. Pola tarde, ás sete, haberá unha eucaristía.

Música e teatro no festival do colexio Compañía de María

Te puede interesar