A música e coplas tradicionais de Treixadura farán cantar á cidade

A música e coplas tradicionais de Treixadura farán cantar á cidade
Concerto de La La Love You en Armas , | jorge meis

É imposible asistir a un concerto de Treixadura e non rematar cantando cando menos as pezas máis tradicionais do seu repertorio, que esta formación se encarga de levar por todo o país desde hai máis de tres décadas. Así será tamén esta noite (a partir das dez) na praza de Armas de Ferrol, onde chegan despois de actuar onte mesmo na romaría de Santa Margarida (na Coruña). Aínda haberá ocasión de volver velos na comarca nas festas das Peras (o 8 de setembro).


Será este o primeiro concerto de música de raíz das festas, coas Fillas de Casandra (o mércores 30) e o festival folclórico do Toxos (o xoves) á vista. Antes, actuarán as rondallas (luns) e Camela (martes) e o peche correrá por conta da orquestra Olympus.


A troula este domingo de resaca tras o recital de La La Love You comezará cedo, co desfile de carrozas de Covas, unha das actividades complementarias que se suman ao cartel. Así sucedeu onte tamén coa concentración de coches clásicos, que estacionaron no Cantón e no peirao. 

A música e coplas tradicionais de Treixadura farán cantar á cidade

Te puede interesar