Música, artesanía, gastronomía e obradoiros no variado cartel da Feira no Camiño de Neda

O casco histórico de Neda vivirá unha animada fin de semana coa celebración, desde esta tarde e ata o domingo, dunha nova edición da Feira do Camiño. Postos de artesanía, gastronomía, música, obradoiros e animación na rúa serán os principais ingredientes dun programa que agarda atraer a vila a numeroso público durante as tres xornadas.


A feira será inaugurada hoxe, ás seis da tarde, coa apertura do mercado, talleres e un rincón adicado aos xogos para os máis pequenos. Os acordes medeivais de Hinmodium ambientarán unha cita pola que tamén paseará a personaxe de O Verdugo.
Ás 20.00 horas terá lugar un obradoiro infantil de pan e ás 20.15 horas comezará o desfile de tropas da Orde de Santiago. Un espectáculo de lume a cargo de Cano Canyon, previsto para as 21.30 horas, precederá ao peche do mercado.

Mañá
Na xornada de mañá sábado a feira abrirá as súas portas a partir das 11.00 horas, para media hora máis tarde celebrarse un novo obradoiro infantil de pan e diferentes exhibicións. Tralo descanso para xantar, os postos retomarán a actividade ás 18.00 horas. Pasarrúas con malabares e animación musical e un novo espectáculo de lume e acrobacias darán forma á xornada vespertina –o mercado pechará sobre as doce da noite–.
A feira botará o telón o domingo con novas propostas desde as 11.00 e ata as 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas. l

Música, artesanía, gastronomía e obradoiros no variado cartel da Feira no Camiño de Neda

Te puede interesar