O mundo da cultura perde a Luis Mera, falecido na noite de onte

Luis Mera, un dos máis destacados representantes da actividade cultural de Ferrol e membro do Consello da Cultura Galega, faleceu onte á noite ós 73 anos de idade. Mera estaba aqueixado dunha grave enfermidade.
Nado en Ferrol en 1942, Luis Mera Naveiras protagonizou ó longo da súa vida unha intensa actividade no mundo da animación cultural en Ferrol, especialmente no eido da música. Insignia de Ouro do Concello, tamén recibiu entre outros galardóns o Premio Diario de Ferrol á Cultura no ano 2007. Su compromiso levouno ademais a xogar un activo papel no Club de Prensa, no que actualmente estaba a desenvolver as funcións de secretario. A súa enfermidade e recente ingreso hospitalario levou precisamente á entidade a pospoñer o fallo do Premio Internacional de Liberdade de Prensa “José Couso”, do que foi un dos seus inspiradores. O falecemento do intelectual reportou o pésame de numerosos amigos e personalidades, ademais de institucións como o propio Concello de Ferrol, que sumouse á dor da familia e recoñeceu a “súa valiosa contribución á nosa cultura”. Luis Mera será despedido hoxe, ás sete da tarde, nun acto que terá lugar no tanatorio Artabria. As súas cinzas repousarán en Loiba (Ortigueira).

O mundo da cultura perde a Luis Mera, falecido na noite de onte

Te puede interesar