Mugardos falla os seus premios de relatos curtos e o deseño do cartel da Festa do Polbo

Mugardos falla os seus premios de relatos curtos e o deseño do cartel da Festa do Polbo
cartel gañador de isabel núñez montero

O Concello de Mugardos vende dar a coñecer os nomes dos gañadores de dous dos seus principais concursos gráficos e literarios. No primeiro deles, no do deseño do cartel da Festa do Polbo, que se celebrará o próximo 13 de xuño, dun total de 38 carteis presentados resultou gañadora Isabel Núñez Montero, que se presentou baixo o pseudónimo de Ardentía.
O xurado estivo formado por Xosé Antón Bouza Rei, presidente da comisión de Cultura; Paula Aneiros Piñeiro, licenciada en Belas Artes; Mónica Martínez Regueiro, concelleira do grupo municipal do PP; Pilar Díaz Otero, concelleira do grupo municipal de IU-EU; África Pérez Filgueiras, concelleira do grupo municipal do PsdeG-PSOE; e Mª del Mar Nóvoa Conde, secretaria da comisión de Cultura.

relatos
O próximo venres 24 entregaranse os premios do XI certame de relatos curtos en galego Concello de Mugardos. O acto celebrarase ás 19.30 horas, e ás 20.00 horas a escritora Yolanda Castaño impartirá un obradoiro baixo o título “A poesía non morde”.
A gañadora desta XI edición do certame na categoría ata os 12 anos foi a rapaza María Novo Varela (Lualeia), con “Diario de Estrela”, mentres que houbo unha mención para Sara Rodríguez Vilaboa (Casiopea), por “Un día de noite”. Na categoría de 13 a 17 anos o gañador foi Javier Rivas Rodríguez (Castrop), con “O bosque das ánimas”. Finalmente, na categoría de adultos o galardón foi ás mans de Iris María Gey López (Lupe Burés) pola narración “Cesárea de berro”.

Mugardos falla os seus premios de relatos curtos e o deseño do cartel da Festa do Polbo

Te puede interesar