A mostra de cine sobre “novos medos” e unha exposición de Pablo Prados abren o mes no Ateneo

A mostra de cine sobre “novos medos” e unha exposición de Pablo Prados abren  o mes no Ateneo
Diario de Ferrol-2014-08-28-015-1832df67_1

O Ateneo Ferrolán anuncia a nova programación do mes de setembro cunha dobre apertura o próximo martes 2 de setembro.  Ese día o fotógrafo ferrolán Pablo Prados abre a súa nova exposición que leva por título “Sentimentos”. Así mesmo, nesa xornada comeza un novo ciclo de cine titulado “Novos medos” que trata de amosar as cintas máis inquietantes do cinema dos últimos anos. Será os martes a partir das 19.30 horas con entrada libre. O ciclo comeza coa cinta “Funny games”, título orixinal do austríaco Michael Haneke de 1997, adaptado en 2007 polo mesmo director para o mercado norteamericano. O 9 de setembro proxectarase “El incidente”, unha cinta norteamericana de 2008 dirixida por M. Night Shyamalan. O 16 de setembro poderá verse “La carretera” (2009), unha obra apocalíptica dirixida por John Hillcoat con Viggo Mortensen sobre unha novela de Cormac McCarthy. O día 23 de setembro exhibirase a longametraxe “Ellos”, para rematar o ciclo “novos medos”, o 30 de setembro coa película británica “28 días después”, dirixida por Danny Boyle e protagonizada por Cillian Murphy.

máis propostas
No resto das actividades previstas destacan o 4 de setembro, ás 19.30 horas, a convocatoria da X Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra. Á mesma hora, pero o día 11, celébrase unha xuntanza do Foro Ferrol. O 18 haberá unha representación teatral a cargo de Pepe Sendón, “Falando claro”, ás 20.30 horas. O venres 19 o fotoxornalista local César Toimil pronunciará unha charla sobre “Chernobil”, a cidade ucraína fotografada por el e abandonada tralo desastre nuclear de 1986. Finalmente, o mércores 26, celébrase o “Mércores violeta” da área da muller de Esquerda Unida.

A mostra de cine sobre “novos medos” e unha exposición de Pablo Prados abren o mes no Ateneo

Te puede interesar