• Domingo, 04 de Diciembre de 2016

Mercado, gastronomía e talleres para os nenos na recuperación da Feira da Faba de Moeche

O Concello de Moeche recuperará este domingo a Feira da Faba, como tradicionalmente se denominaban as feiras mensuais que entre outubro e novembro tiñan lugar no municipio, cun programa que reunirá a algúns dos produtores desta legume na zona da comarca de Ferrolterra así como outros procedentes de Lourenzá (Lugo).

Mercado, gastronomía e talleres para os nenos na recuperación da Feira da Faba de Moeche
A cita reunirá diferentes postos no campo da feira	d.a.
A cita reunirá diferentes postos no campo da feira d.a.

O Concello de Moeche recuperará este domingo a Feira da Faba, como tradicionalmente se denominaban as feiras mensuais que entre outubro e novembro tiñan lugar no municipio, cun programa que reunirá a algúns dos produtores desta legume na zona da comarca de Ferrolterra así como outros procedentes de Lourenzá (Lugo).
Arredor dunha ducia de postos reuniranse nunha cita que tamén contará coa presenza de artesáns, o que permitirá ao público asistente elixir entre unha ampla variedade de produtos. Xunto ao mercado, que abrirá as súas portas sobre as dez da mañá, haberá unha degustación de fabada, que será preparada pola AVV de Lavacengos, colaboradora co Concello de Moeche na organización da festa. Tampouco faltará a música.

música
O grupo tradicional No Cómbaro encargarase de amenizar, a partir das doce do mediodía, unha xornada que tamén prestará atención aos máis cativos da casa. Estes serán os destinatarios do obradoiro de cociña creativa do Samaín. Para participar, só será necesario inscribirse antes do inicio da actividades.
Os nenos poderán participar tamén nas propostas deseñadas pola aula móvil de Sogama que estará presente no lugar e que ten como principal obxectivo concienciar sobre a necesidade da reciclaxe.
Para as 13.30 horas, o programa contempla o sorteo de lotes de produtos entre os asistentes.Será o colofón a unha feira que permitirá aos productores achegar o seu xénero a todos os que pasen por Moeche.