• Martes, 26 de Septiembre de 2017

As Meninas de Canido, embaixadoras turísticas da cidade naval en Madrid

As Meninas de Canido adiantáronse á celebración, a vindeira semana, da Feira Internacional de Turismo (Fitur) que terá lugar en Madrid para viaxar á capital madrileña dispostas a actuar como embaixadoras turísticas da cidade naval.

As Meninas de Canido, embaixadoras turísticas da cidade naval en Madrid
Imaxe dunhas das Meninas que engalanan o barrio ferrolán	daniel alexandre
Imaxe dunhas das Meninas que engalanan o barrio ferrolán daniel alexandre

As Meninas de Canido adiantáronse á celebración, a vindeira semana, da Feira Internacional de Turismo (Fitur) que terá lugar en Madrid para viaxar á capital madrileña dispostas a actuar como embaixadoras turísticas da cidade naval.
O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e o artista local Eduardo Hermida, creador e impulsor dun proxecto xa recoñecido máis alá das nosas fronteiras, desprazáronse onte pola mañá ao Hotel Courtyard by Marriot Princesa para presentar a iniciativa ante máis de trinta medios especializados en turismo para darlle, se cabe, tal e como se informou desde o goberno local, “máis visibilidade a esta preciosa iniciativa que puxo a Canido e á nosa cidade no mapa do mundo como itinerario cultural singular”.
Entre os medios asistentes incluíronse Viajar, Hola Viajes, Geo, Woman, Tiempo-Interviu, Cosmopolitan, El Economista, Cinco Días, TopViajes, RutaenFamilia, Instyle, Vagamundos.net, Turistilla.com, masviajes.com, salataconmigo.com, Guía del Ocio, gastroviaja.com ou Desnivel, entre outros.

viaxe
Entre os xornalistas asistentes sorteouse unha viaxe a Ferrol para dúas persoas con vós, estancia e unha actividade de turismo activo incluída, a escoller entre surf ou ruta BTT, que recau nas mans da redactora de @topviajes-net.
Ao remate do encontro, Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura, manifestou a súa “inmensa satisfacción pola boísima acollida que lle dispensaron ao proxecto os medios da capital”, convencido de que as Meninas de Canido terán, se cadra, “aínda máis fans” e proxección como exemplo de proxecto de barrio, de implicación social, de aposta pola dinamización e a recuperación desde a imaxinación e que poida servir como modelo, exemplo e inspiración para outras cidades e barrios.