O mel, protagonista desde o domingo en As Pontes coas XVII Xornadas Apícolas do Eume

O mel, protagonista desde o domingo en As Pontes coas XVII Xornadas Apícolas do Eume
A festa do mel, na edición do pasado ano daniel alexandre

A Casa do Mel de Goente, en As Pontes, prepárase para celebrar unha das semanas máis intensas do ano. As XVII Xornadas Apícolas do Eume, que chegan cargadas de actividades, comezarán este mesmo domingo cun obradoiro de cervexa de mel de nove horas de duración. Será impartido por Santiago Muñiz e ofértanse un máximo de 20 prazas. Aínda queda algunha vacante dispoñible, polo que as persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Mel ou chamando ao teléfono 661 003 616.
O programa continuará ao día seguinte, o luns, cos talleres dirixidos a escolares, que terán a oportunidade de achegarse aos procesos de extracción e envasado do mel ou á elaboración de candeas con cera así como visitar as instalacións da Casa do Mel, visulizar algúns vídeos e mesmo degustar o mel con outros produtos da comarca.
Para o martes día 4 está prevista outra visita guiada, neste caso aberta ao público en xeral, que dará comezo ás dez da mañá. Os interesados poden apuntarse en info@turismoaspontes.com.
Outra das propostas que forman parte do programa pontés terá lugar os días 4 e 5 de outubro, a partir das catro da tarde. Consistirá na novena edición da Cata de Meles aberta a todo o mundo e con diploma de recoñecemento ao mellor me claro e para o mellor mel escuro. Aberta a todos os interesados, desde a organización informan de que xa hai unhas trinta mostras de produto para saborear os produtos.

charla
O xoves 6, ás 18.30 horas, a Casa do Mel contará coa presenza do recoñecido biólogo e consultor apícola Antonio Gómez Pajuelo, que falará sobre as “Causas de mortandade invernal nas colmenas (velutina, varroa e malnutrición)”. A cita é de entrada libre e gratuíta. Os afeccionados á cociña terán tamén a oportunidade de participar nas XVII Xornadas Apícolas do Eume, a través do concurso de receitas con queixo e mel que terá lugar o sábado día 8. O prazo para se anotar estará aberto ata o vindeiro día 6. Haberá dúas modalidades: salgado e doce.
Como colofón ás Xornadas celebrarase o domingo 9 a oitava edición da Feira do Queixo e do Mel en Goente, con degustacións, obradoiros, artesanía, animación infantil, merendas e verbena. A cita reunirá este ano a uns 13 postos, entre os que se inclúen socios da comarca mais tamén chegados doutros lugares como Taramundi ou Becerreá.

queixos
Haberá tamén, ademais do Eume, que seguirá a ser o produto estrela da celebración, outros tipos de queixos da zona.
O programa arrancará ás 10.00 horas e o xantar consistirá en sopa, cocido, requeixo, mantecadas e freixós. O prezo do menú será de 20 euros e gratis para os nenos menores de 10 anos.
A partir das 16.00 horas será a quenda para os xogos populares e outras actividades lúdicas. As merendas a partir das cinco da tarde e unha exhibición canina unha hora máis tarde abrirán paso á entrega de premios para pechar ás 20.00 horas a feira cunha verbena.
As XVII Xornadas Apícolas do Eume e a Feira do Mel está organizada por la delegación eumesa de la Asociación Galega de Apicultura e a Casa do Mel, co patrocinio do Concello das Pontes.

O mel, protagonista desde o domingo en As Pontes coas XVII Xornadas Apícolas do Eume

Te puede interesar