María Manuela: “Será moi bonito cantar para os amigos, a familia e a xente de Ferrol que me quere”

María Manuela: “Será moi bonito cantar para os amigos, a familia e a xente de Ferrol que me quere”
María Manuela fará un repaso á súa traxectoria musical

Arroupada por familiares, amigos e pola xente que “me quere” voltará a cantante e pintora ferrolá María Manuela ás táboas do Teatro Jofre. Alí ofrecerá esta noite, a partir das 21.00 horas, un concerto no que sonarán moitas das pezas máis recoñecidas do seu amplo repertorio, froito das máis de catro décadas de traxectoria musical.
Primeiro, alá polo ano 1974, xunto ao seu compañeiro Miguel Varela, O Tranquilo, con quen comezou a espallar a poesía cantada por toda a xeografía galega ao tempo que ían gravando discos e rexistrando todo este proceso melódico.
Esta noite interpretará temas de Miguel, tamén do seu fillo Xurxo, algún que outro inédito e pezas portuguesas e brasileiras, un repertorio propio dunha muller firmemente comprometida coa lingua e cultura galegas.
Di que había moito tempo que non ofrecía un concerto en solitario así que facelo na casa, no fermoso teatro Jofre e rodeada da súa xente –ademais xa se venderon moitas entradas– “será moi bonito”, apunta. O prezo das entradas en taquilla é de 10 euros.
No mesmo escenario no que hoxe ofrecerá o seu concerto, María Manuela foi obxecto hai uns anos, concretamente en 2008, dunha homenaxe impulsado por un colectivo de amigos co obxectivo de poñer de manifesto ante o público a carreira e o valor artístico da artista, moi presente dentro do mundo da música e da pintura en Galicia desde hai máis de corenta anos.
O acto contou entón co apoio do Concello, de artistas e cidadáns que quixeron sumarse a este recoñecemento.

pintura
Nun tempo que se debuxa moi complicado para os creadores, segundo afirma a artista ferrolá, María Manuela segue atopando na arte e a cultura un dos motores da súa vida.
Entre os seus últimos traballos pictóricos inclúese a súa participación, xunto a outras sete artistas galegas, no proxecto ELAS, un libro e exposición no que se reinvidica o papel da muller na sociedade galega e ao que María Manuela achegou cinco cadros seus.

María Manuela: “Será moi bonito cantar para os amigos, a familia e a xente de Ferrol que me quere”

Te puede interesar